Abertas as inscricións para a III Carreira pola Igualdade de Barbadás

Barbadás celebrará o vindeiro 15 de marzo de 2026 a III Carreira pola Igualdade e contra a Violencia, unha cita deportiva que percorrerá as rúas da localidade no marco do 8M.
A proba, que dará comezo ás 11.00 horas, contará cun percorrido de cinco quilómetros e está aberta á participación da cidadanía. As inscricións xa poden formalizarse a través da páxina web de Sportmaniacs.
A carreira está organizada pola Concellería de Igualdade e conta coa colaboración do Servizo Municipal de Deportes do Concello de Barbadás, que apoian esta iniciativa que combina deporte e sensibilización social.