Aberto ata o 30 de abril prazo para solicitar as axudas para a organización de eventos deportivos na provincia de Ourense

OurenseXa
As axudas contan cun orzamento de 80.000 euros
Entrega de medallas da Copa Deputación de Judo 2024
18 Apr 2025

Continúa aberto o prazo, ata o vindeiro 30 de abril, para a concesión de subvencións a entidades deportivas e entidades sen ánimo de lucro para a organización de eventos deportivos durante este ano.

Estas axudas contan cun orzamento de 80.000 euros e a contía das subvencións obxecto desta convocatoria consistirá nunha porcentaxe do orzamento da actividade, podendo acadar, como máximo, o 30% do custo estimado da actividade, non podendo superar, en ningún caso, a contía máxima de once mil euros por beneficiario (11.000,00 euros).

O prazo improrrogable de presentación rematará o 30 de abril de 2025, sendo este o derradeiro día no que poderán presentarse validamente as solicitudes, que terán un límite de dúas por solicitante

⚙ Configurar cookies
0.07415509223938