Aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Idiomas de Ourense

OurenseXa
As persoas interesadas poderán realizar a inscrición para os obradoiros de galego, francés, italiano e portugués ata o xoves, 19 de setembro
Escola Municipal de Música do Concello de Ourense
11 sep 2024

A Escola Municipal de Idiomas do Concello de Ourense organiza obradoiros de galego (preparatorios dos Celgas 1 e 3), francés, italiano e portugués para maiores de 16 anos. As persoas interesadas poden realizar a inscrición desde hoxe, martes, 10, até o xoves, 19 de setembro.

A listaxe de alumnado admitido publicarase o día 20 e o prazo de matrícula (cun custo de  33 euros) abrirase desde ese mesmo día até o 27 de setembro.

Os obradoiros de francés, italiano e portugués terán una duración de dous meses: outubro e novembro. Os de galego prolongaranse até a segunda semana de decembro.

As clases impartiranse nas instalacións da Escola Municipal de Música e no edificio anexo a esta, na rúa da Canle. Consistirán en dúas sesións semanais de 90 minutos cada unha, acadando un total de 35 horas.

0.20007610321045