Aberto o prazo de inscrición para a XIII Andaina Solidaria de Baños de Molgas

O Concello de Baños de Molgas organiza o próximo 27 de outubro a décimo terceira edición da súa 'Andaina Solidaria' e cuxos beneficios irán destinados á Asociación Española Contra o Cancro.
A xornada contará con dous percorridos diferentes, unha andaina longa, de 21 quilómetros, e outra máis curta, de 13 quilómetros, ambas con dificultade media e con saída dende o pavillón deportivo de Baños de Molgas ás 9.00 horas.
As inscricións para ambos percorridos están abertas a través da App de Saudeter ou no propio Concello.