Aberto o prazo de inscrición para o programa Concilia Pascua en Baños de Molgas

O Concello de Baños de Molgas organiza durante as vacacións de Semana Santa o programa conciliación ‘Concilia Pascua’, con un gran número de actividades destinadas aos nenos e nenas.
Durante os días 14, 15, 16 e 21 de abril, os nenos e nenas poderán participar en obradoiros educativos, talleres de manualidades, excursións, obradoiros de inglés, unha
procura do tesouro e un Talent Show.
Todas as actividades terán lugar no CEIP Baños de Molgas en horario de 10.00 a 14.00 horas. Ademais, haberá atención ampliada de 9.00 a 10.00 para aquelas familias que o precisen. Para participar será necesario anotarse de forma presencial no Concello ou chamando ao 988 430 000.
As actividades dividiranse da seguinte forma:
- 14 de abril. Manualidades de Pascua
- 15 de abril. Detectives de Pascua: Xincana temática
- 16 de abril. Mañá Cultural: contacontos “Crea a túa historia”
- 21 de abril. Atopemos os ovos de Pascua: procura do tesouro