Aberto o prazo de inscrición nos cursos para adultos nos centros cívicos do Concello de Ourense

OurenseXa
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 27 de outubro
Concello-Ourense-recurso
Concello de Ourense
21 Out 2024

O Concello de Ourense abre o prazo de solicitude para anotarse nos cursos para adultos que se levarán a cabo nos distintos centros cívicos da cidade e que este ano ofrecerán un total de vinte e oito actividades.

Os cursos deste ano incluirán actividades como teatro, ioga, ioguilates, pilates, danza, ximnasia, mantemento, competencias dixitais ou fitness, entre outras. Todas elas repartiranse en distintos horarios, de luns a venres, entre os centros cívicos da Ponte, Seixalbo, As Termas, A Cuña e Colón.

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 27 de outubro, a través da páxina web do Concello de Ourense. Para poder formalizar a matrícula é imprescindible estar empadroado no concello de Ourense e ter os 18 anos cumpridos. Poderán solicitarse un máximo de tres actividades por persoa e só estará permitido facer unha solicitude.

0.19596099853516