Aberto o prazo para anotarse aos grupos de Teatro Universitario para este curso

OurenseXa
Ao igual que os obradoiros de extensión universitaria, os cursos de teatro están abertos a toda a cidadanía e serán impartidos por Sarabela Teatro
Aula de Teatro Universitario Maricastaña
Aula de Teatro Universitario Maricastaña
24 sep 2024

O campus de Ourense ofrecerá durante este cuadrimestre 13 obradoiros de extensión universitaria abertos a todos os interesados, sexan o no membros da comunidade universitaria. O prazo para anotarse estará aberto ata o vindeiro 4 de outubro.

Entre as novidades de este ano, o campus ofertará os obradorios ‘Ferramentas artísticas e socioafectivas para a intervención social’, ‘Introdución á rexeneración ecosocial’, ‘Intensidade e fraxilidade na pintura actual’, así como un curso de seguridade viaria.
Ademais, como xa é tradición, regresan os obradorios ‘Grupo de crecemento persoal e empoderamento para mulleres’ e ‘Novas linguaxes e habilidades maker para educación’.

Danza contemporánea

En canto á danza contemporánea, volverá a repetirse o obradoiro de formación a cargo da coreógrafa Nuria Sotelo e ofertarase unha nova opción centrada na creación escénica e na composición coreográfica baixo a dirección de Ainhoa Linaza, dirixido neste caso a persoas con experiencia previa en danza. Ademais, incorpórase como novidade o obradoiro Danzas do mundo e interculturalidade, coordinado pola mesma Ainhoa Linaza e dirixido por Ana María Torrado, no que se realizará un achegamento a danzas colectivas tradicionais de diferentes países, abordándoas dende a cultura, a música, o movemento e outras artes.

Teatro universitario

Pola súa banda, o grupo de teatro Sarabela estará a cargo dos tres cursos de teatro do campus, que se divirán en tres niveis: a aula Rosaura, o primeiro nivel, está aberta ás e aos que se inician no eido teatral, o segundo nivel, Cordelia, ás persoas que xa teñen algo de experiencia, e Maricastaña , que acollerá ás e aos que teñen un nivel máis avanzado. Igualmente celebrarase unha nova edición do obradoiro de música tradicional galega, de gaita e percusión, ofrecido polo músico Gonzalo Abelairas.

0.1637659072876