Aberto o prazo para anotarse na Escola de Fútbol de Amoeiro
OurenseXa
As actividades están dirixidas a nenos e nenas nacidos entre 2007 e 2019

13 Jul 2025
A Escola de Fútbol do EF Amoeiro EDO, en colaboración co Concello de Amoeiro, abriu o prazo de inscrición para nenos e nenas nacidos entre 2007 e 2019.
As actividades desenvolveranse nas novas instalacións do campo de céspede sintético da Penafita.
Para máis información e inscricións, os interesados poden acudir ao Concello de Amoeiro ou chamar aos teléfonos 680 694 053 e 988 281 000.