Aberto o prazo para anotarse na gran cea de Comadres do barrio da Ponte

A Asociación Frei Canedo organiza por primeira vez este Entroido de 2025 unha Gran Festa de Comadres aberta ao público que se celebrará o xoves 27 de febreiro na carpa do parque Ribeira de Canedo, no barrio pontino.
O evento consistirá nunha cea cun menú composto por callos, ensalada con costela e criollo, orellas de carnaval, viño e auga por un prezo de 25 euros. As persoas interesadas en asistir deberán mercar as entradas no local da asociación, no Mercado de Abastos da Ponte, na barbería SersBarber e na cafetería Don Gaetano ata o mércores día 26. O aforo máximo para a cea será de 200 persoas e o requisito para a asistir será ir disfrazado de muller.
A cea arrancará ás 21.00 horas e, a continuación, haberá actuacións musicais a cargo dun Dj e un dúo. A festa estará aberta a todo o público, sen necesidade de anotarse, e terá lugar na carpa e nas súas inmediacións.