Aberto o prazo para anotarse nos Obradoiros de Memoria de Barbadás

O Concello de Barbadás abre o prazo para anotarse nos Obradoiros de Memoria de 2025, que chegarán aos locais sociais deste concello co obxectivo de mellorar o funcionamento cognitivo e mellorar a calidade de vida dos maiores.
As actividades arrancarán a partir do 10 de febreiro e desenvolveranse nos locais sociais de Loiro (os luns de 16.00 a 17.30 horas), Piñor (os venres de 16.00 a 17.30 horas), Sobrado do Bispo (os xoves entre as 16.00 e as 17.30 horas), Betrances (os xoves entre as 18.00 e as 19.30 horas), e A Valenzá (os martes de 16.00 a 17.30 horas e de 17.30 a 19.00 horas).
As inscricións poderán realizarse de forma presencial nas oficinas municipais da Valenzá, a través da Área de Servizos Sociais, ou por teléfono, chamando ao 988 393 168.
As actividades están organizadas polo Concello de Barbadás en colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (AFAOR) e a Fundación Dorzán.