Aberto o prazo para inscribirse na Escola Música Banda de Celanova

OurenseXa
Os interesados poderán anotarse ata o vindeiro 31 de agosto
Escola de Música Banda de Celanova
3 Ago 2024
O Concello de Celanova informa de que o prazo para anotarse na Escola Música Banda de Celanova estará aberto durante todo o mes de agosto.
As actividades ofertadas inclúen clases de trompeta, trompa, trombón, tuba, bombardino, fruta, clarinete, canto, saxofón e percusión.
O formulario de inscrición poderá presentarse no Auditorio AMIC, na Oficina de Información Xuvenil ou por correo electrónico ao enderezo esmu.celanova@gmail.com.
0.097832918167114