Aberto o prazo para inscribirse no Desfile de Entroido de Baños de Molgas

OurenseXa
As persoas interesadas en participar poderán anotarse ata o 28 de febreiro
entroido-carnaval
17 Feb 2025

O Concello de Baños de Molgas ten aberto o prazo para anotarse no Desfile de Entroido que terá lugar o vindeiro sábado, 2 de marzo, polas rúas do Concello.

As persoas interesadas en formar parte do evento poderán anotarse ata o venres, 28 de febreiro, a través do teléfono 988 430 000. Os participantes entrarán a formar parte do concurso de disfraces do entroido, cun premio de ata 300 euros. O desfile sairá ás 16.30 da Casa do Concello de Baños de Molgas e percorrerá as principais rúas da vila.

0.18317794799805