Aberto o prazo para participar no Día da Bici do Pereiro de Aguiar

O Concello do Pereiro de Aguiar, a través de Pereiro Deporte e Xuventude e coa colaboración da Deputación de Ourense, organiza o próximo 7 de setembro o Día da Bici, unha xornada para gozar do ciclismo dirixida a toda a familia.
O prazo de inscrición estará aberto desde o 11 de xullo ata o 7 de setembro. Ademais, quen se apunten antes do 24 de agosto recibirán unha camiseta de agasallo.
A cita terá lugar a partir das 11:00 horas na Praza do Concello. Será un día para desfrutar do deporte e da natureza en familia.
O Concello anima a toda a xente a preparar a bicicleta e participar nesta actividade pensada para todas as idades.