Aberto o prazo para solicitar as axudas para libros e comedores escolares para o vindeiro curso

OurenseXa
A convocatoria ten un orzamento total de 294.250 euros, dos que 25.000 euros destinaranse a axudas para libros de texto e material escolar, e 269.250 euros a comedores escolares.
Concello_Ourense_recurso
Concello de Ourense
19 Abr 2024

O Concello de Ourense abre o prazo para que as familias ourensás poidan solicitar axudas para adquirir libros de texto, material escolar e para prazas de comedor escolar durante o próximo curso 2024/2025. O prazo de solicitude remata o luns, 13 de maio -incluído-.

A convocatoria ten por obxecto conceder axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar e para comedor escolar, ás unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo que teñan nenos e nenas ao seu cargo que estuden en centros públicos ou concertados do Concello de Ourense.

As axudas van dirixidas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo, residentes e empadroadas no Concello de Ourense, con 3 meses mínimo de antigüidade, que non superen os 4.000 € de renda per cápita anual (no caso das axudas de libros e material escolar) e os 3.700 € (no caso das axudas para comedores escolares). Computarase un membro máis no caso de discapacidade igual ou superior ao 33%, e tamén no caso de ser familia monoparental.

Establécense dúas liñas de axudas:

  • Para o caso das axudas de libros e de material escolar de nenos/as matriculadas en 4º, 5º ou 6º curso de Educación Infantil, a axuda será de 110 euros por persoa.
  • Para o caso das axudas de comedor, dirixidas a nenos/as matriculadas en Educación Infantil, Primaria ou Secundaria obrigatoria que teñan praza de comedor no centro no momento da concesión da axuda. Esta será de ata 90 euros mes por persoa.

A convocatoria ten un orzamento total de 294.250 euros, dos que 25.000 euros destinaranse a axudas para libros de texto e material escolar, e 269.250 euros a comedores escolares.

0.08773398399353