Aberto o prazo para solicitar as subvencións para asociacións e entidades de servizos sociais do Concello de Ourense

OurenseXa
A convocatoria deste ano conta un orzamento de 325.000 euros
Concello de Ourense
18 Jul 2025

O Concello de Ourense convoca un ano máis as axudas que darán apoio ás asociacións e entidades sen fin de lucro que realicen actividades de interese ou promoción social na cidade.

A convocatoria conta cun orzamento de 325.000 euros e os colectivos interesados disporán dun prazo dun mes para presentar as súas solicitudes. O prazo estará aberto até o día 18 de agosto, incluído.

O obxecto da convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, é conceder subvencións para financiar programas, proxectos o actividades no ámbito dos servizos sociais que sexan considerados de interese, promoción social ou de utilidade pública, que promovan as asociacións e entidades sen ánimo de lucro. Estes programas, proxectos ou actividades deberán ir dirixidos prioritariamente a persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade.

⚙ Configurar cookies
0.12934994697571