Aberto o prazo para solicitar praza na Escola Infantil do campus de Ourense para o curso 2026-2027

OurenseXa
En total ofreceranse 41 prazas, tanto para membros da comunidade universitaria como para persoas alleas a esta
escola_infantil_campus_Ourense
7 Feb 2026

O campus de Ourense pon a disposición 41 prazas na Escola Infantil Concepción Saiz Otero para o vindeiro curso académico. As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o 23 de febreiro a través da sede electrónica da Universidade de Vigo. Este centro forma parte do programa de gratuidad para o primeiro ciclo de educación infantil promovido pola Xunta de Galicia.

As prazas distribúense en tres grupos de idade: oito para nenas e nenos de ata un ano, trece para os que teñan entre un e dous anos, e vinte para os de dous a tres anos. Para optar a unha praza, é necesario que o menor nacese antes de presentar a solicitude e que non cumpra os tres anos antes do 31 de decembro de 2026.

O proceso de adxudicación das prazas rexerase por criterios que priorizan aos nenos e nenas xa escolarizados no centro durante o curso 2025-2026, fillos do persoal do centro, irmáns con praza renovada, familias con ambos proxenitores traballando, nacidos de parto múltiple, familias numerosas ou monoparentais, proximidade ao centro, entre outros. Tamén se dará preferencia a quen solicite xornada completa fronte a media xornada, conforme ao establecido na normativa autonómica vixente.

A empresa responsable da xestión do centro encargaráse do proceso de matrícula, que deberá formalizarse entre o 11 e o 17 de marzo de 2026 para quen consiga praza. Para quen non obteña praza inicialmente, habilitaranse listas de espera por grupos de idade, e as vacantes que poidan xurdir iranse cubrindo seguindo a orde destas listas. Ademais, poderán solicitar praza en calquera momento do curso se quedan prazas libres.

A Escola Infantil comezará as súas actividades o 1 de setembro e estará aberta durante once meses, de setembro a xullo, con horario de luns a venres. Ofértanse varias modalidades de escolarización: xornada completa, xornada de mañá, media xornada de mañá ou de tarde, así como a opción de engadir unha hora extra de acollida ou permanencia.

⚙ Configurar cookies
0.078070878982544