Abre o prazo de inscrición para os obradoiros de idiomas do Concello de Ourense

OurenseXa
O prazo permanecerá aberto ata o vindeiro 19 de novembro
cartel_obradoiro_idiomas_ourense
12 Nov 2024

Do 13 de xaneiro ao 13 de marzo, a Escola Municipal de Idiomas do Concello de Ourense ofertará obradoiros de diversas linguas, dirixidos aos cidadáns de Ourense maiores de 16 anos empadroados en Ourense.

Este ano, os cursos inclúen galego (Celgas 1 e 3), alemán (iniciación 1),  francés (iniciación 2), inglés (iniciación 1), italiano (iniciación 2) e Portugués (iniciación 2).

O prazo de preinscrición estará aberto entre ese martes, 12 de novembro,  e o  vindeiro martes, 19 de novembro, e a listaxe de admitidos publicarase o 25 de novembro.

As clases impartiranse nas instalacións da Escola Municipal de Música e no edificio anexo a
esta, en horario de tarde , entre as 18.00 e as 21.00 horas, agás os grupos de galego, que serán de mañá. O prezo de matrícula será de 33 euros por curso, e os grupos constarán dun máximo de 20 persoas.

0.19240999221802