Abre o prazo para presentar proxectos para a programación da Escola Municipal Continua 2026

OurenseXa
As propostas poderán presentarse no Concello ata o 13 de febreiro
Escola_Municipal_Continua
2 Feb 2026

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Educación, vén de publicar as bases que rexerán a convocatoria para seleccionar os proxectos de actividades que formarán a programación da Escola Municipal Continua para o ano 2026.

Poderán presentar proxectos tanto persoas físicas e empresas ata o venres 13 de febreiro a través da web municipal, onde poden consultarse os requisitos.

A convocatoria ten como obxectivo elaborar unha listaxe de proxectos e actividades que permitan seleccionar e promover unha oferta educativa variada e adaptada ás necesidades da comunidade, encomendándoa a profesionais e a entidades que reúnan as condicións máis idóneas, tanto pola cualificación do persoal técnico como pola súa infraestrutura.

⚙ Configurar cookies
0.081272125244141