Acordo no pleno para instar á Xunta a construir un novo pavillón de Ximnasia en Ournese

OurenseXa
A iniciativa, proposta polos sociallistas, saiu adiante pese ao voto een contro do PP
natalia-gonzalez
Natalia González
5 Jul 2025

O grupo municipal socialista vén de acadar o apoio no Pleno, pese ao voto en contra do PP, para que se aprobe a súa iniciativa para instar á Xunta de Galicia, ao Concello de Ourense e á Deputación Provincial a adquirir un compromiso institucional para impulsar conxuntamente a construción definitiva dun novo pavillón multiusos de ximnasia adaptado ás necesidades de todas as disciplinas.

“En febreiro de 2014, hai 11 anos, o entón delegado territorial do executivo galego en Ourense anunciaba que a finca Mariñamansa contaría cun polideportivo que se convertiría en referente para a ximnasia en toda Galicia, e recoñecía, así mesmo, que xa daquelas non existía un lugar axeitado para o desenvolvemento de campionatos e adestramentos deste deporte na capital”, lembrou a portavoz do PSdeG na Administración local, Natalia González, subliñando que o proxecto se anunciou comprometendo un orzamento estimado de tres millóns de euros que en nada quedou.

Nesta liña, tamén recordou que, unha década despois, en xuño de 2024, o actual alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e o edil de Deportes, Aníbal Pereira, anunciaban públicamente que o Concello de Ourense tiña previsto a construción desta infraestrutura deportiva para a práctica da ximnasia, anuncio sen concreción algunha e sen demandar ata aquela data ningún tipo de colaboración por parte doutras administracións. “Ademais, o PP rexeitou a nosa proposta para incluír, nos Orzamentos da Xunta, unha partida para elo”, espetou.

“Ourense é terra de ximnasia e de grandísimos e grandísimas ximnastas, adestradores e adestradoras e clubs, que dende hai case medio século escribiron a súa historia a nivel provincial, autonómico, nacional e internacional dende a cidade de As Burgas. E merecen un lugar no que poder adestrar en dignas condicións”, reclamou.

⚙ Configurar cookies
0.19360113143921