Activada a Fase de Alerta do Plan Invernal de Estradas na provincia de Ourense pola previsión de nevadas

GaliciaXa | RibeiraSacraXa | OurenseXa
A AEMET prevé que o aviso laranxa por nevadas, especialmente na montaña, se prolongue ata o sábado 24 de xaneiro ás 23:59 horas, e desde a Subdelegación do Goberno piden evitar desprazamentos innecesarios
quitaneves-manzaneda
22 Jan 2026

A Subdelegación do Goberno en Ourense activou este xoves a Fase de Alerta do Plan Invernal de Estradas na rede estatal da provincia debido ás previsións de nevadas que se manterán ata o sábado 24 de xaneiro ás 23:59 horas, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). A aleta laranxa queda activada en toda a provincia para a xornada deste xoves.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, recomenda á poboación “evitar desprazamentos innecesarios” e, no caso de ter que usar o vehículo, facelo con pneumáticos de inverno ou cadeas, moderando a velocidade, con depósito cheo e atendendo sempre ás indicacións da Garda Civil e das autoridades competentes.

Para facer fronte a esta situación, o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible puxo en marcha un dispositivo especial con 22 máquinas quitaneves, 4.424 toneladas de sal e máis de 110.000 litros de salmoira, que estará operativo desde o 1 de novembro de 2025 ata o 30 de abril de 2026.

Santos informa de que “todos os medios necesarios están dispoñibles para garantir a máxima seguridade das persoas”, pero insistiu en que “é importante atender as recomendacións”, especialmente en zonas como A Gudiña e A Canda, onde se esperan acumulacións de neve significativas.

⚙ Configurar cookies
0.080090999603271