Afundación e o Concello de Allariz asinan un convenio para a realización da mostra 'Fauna Esencial'

OurenseXa
'Fauna esencial' inaugurarase o vindeiro 25 de setembro na Casa da Cultura de Allariz
convenio-allariz-afudacion
Sinatura do convenio entre Afundación e o Concello de Allariz para a realización da mostra 'Fauna Esencial'
13 Sep 2024

Afundación e o Concello de Allariz veñen de asinar un convenio de colaboración para a realización da exposición 'Fauna esencial'. O acto contou coa presenza da alcaldesa do Concello de Allariz, Cristina Cid, o coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román, e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano.

'Fauna esencial' inaugurarase o vindeiro 25 de setembro na Casa da Cultura de Allariz, onde se poderá visitar de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.30 horas.

A exposición 'Fauna esencial' é unha viaxe enriquecedora pola diversidade da nosa fauna. Está formada por 28 fotografías de gran formato realizadas polo naturalista Ezequiel Martínez, fotógrafo especializado en retratos naturais que colabora con numerosas publicacións especializadas. As imaxes van acompañadas de textos explicativos que recollen as características biolóxicas, do seu hábitat, costumes, alimentación, distribución xeográfica e os perigos aos que se enfrontan para a súa supervivencia. Para a súa elaboración participaron especialistas do Centro Interactivo de Educación Ambiental de Afundación, Naturnova, que elaboraron unha información que comparte rigor e espírito divulgativo, accesible a todos os públicos.

0.16991710662842