Alerta en Ourense polas crecidas do Miño

OurenseXa
O Concello pecha marxe dereita do río e pide á cidadanía non achegarse ás marxes fluviais, agardándose as maiores crecidas durante este venres
miño-ourense-ponte-vella-centro-comercial
5 Feb 2026

O Concello de Ourense mantén pechado o acceso ao río Miño á altura do Pavillón dos Remedios e baixo o centro comercial, e en diversos puntos que discorren pola marxe fluivial a causa de crecida do río.

Dende o Concello recmendan á poboación que se absteña de achegarse ás marxes dos ríos, tanto do Miño como do Barbaña, Barbadás e Lonia. As crecidas dos rios prevese que acaden o seu máximo nivel mañá venres e que comecen a baixar o sábado, polo que se recomenda prudencia, e que se revisen desaugues e bombas de achique en sotos e baixos.

Os servizos municipais tanto de Policía Local como de Bombeiros e Protección Civil están a facer un atento seguimento ao temporal para garantir que as incidencias que este provoque sexan mínimas.

⚙ Configurar cookies
0.086246967315674