Alerta en varios ríos da provincia de Ourense polo risco de desbordamentos

As fortes choivas rexistradas dende onte na provincia de Ourense están a provocar numerosas incidencias, especialmente nas marxes fluviais, con alertas laranxas e vermellas en varios puntos da provincia polas crecidas.
En concreto, a cidade de Ourense está en alerta polas crecidas do Miño, mentres que no caso do Barbaña, o risco por desbordamento é elevado especialmente ao seu paso por Calvos, Castroverde, Santa Marta e Veiga, en San Cibrao das Viñas, onde tamén advírtese do perigo polas crecidas no regato de Muíños en Soutopenedo-Montelongo.
Tamén hai alerta no Arnoia, que afecta ao municipio homónimo e a Baños de Molgas, onde xa hai desbordamentos, así como no Avia e no Támega.
As autoridades recomendan precaución e non achegarse aos leitos. No caso de inundacións, pídese á poboación que suba a zonas altas e lémbrase que no caso de emerxencia a veciñanza debe dirixirse ao 112.