Allariz acollerá en marzo unha nova edición do Campus Multideporte

OurenseXa
A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e terá lugar os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril, previa inscrición
campus-multideporte-allariz
12 Feb 2026

Esta mañá presentouse en Allariz unha nova edición do Campus Multideporte, que se celebrará os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril no Pavillón Municipal da vila. A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, organizada por Ociosaugal en colaboración co Concello.

O programa desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 horas, ofrecendo tamén a posibilidade de ampliación opcional de 9:00 a 10:00 horas para facilitar a conciliación das familias.

Durante as tres xornadas, as persoas participantes poderán practicar diferentes modalidades deportivas como atletismo, escalada, fútbol sala, baloncesto e baile, ademais doutras propostas lúdico-deportivas. O campus inclúe camiseta e diploma acreditativo, seguro médico privado e estará coordinado por monitoras e monitores titulados e con experiencia.

As inscricións poden realizarse a través da páxina web de Ociosaugal e as persoas interesadas en solicitar máis información poden contactar no teléfono 664 518 705.

⚙ Configurar cookies
0.082052946090698