Allariz acollerá en xullo unha nova edición do Campus Sporty

OurenseXa
A vixésima edición desta actividade terá lugar do 1 ao 13 de xullo
presentacion-xx-cammpus-sporty-allariz
Presentación do XX Campus Sporty de Allariz
15 Apr 2025

O XX Campus Sporty celebrarase en Allariz do 1 ao 13 de xullo. O evento, que naceu en 2005, leva xa 28 anos celebrándose na vila alaricana dende que, no ano 2007, trasladando a súa organización a este concello.

Cada ano, centos de mozos e mozas participan nas súas actividades, que se desenvolven nas instalacións de “Os Invernadoiros”, situada en pleno val do río Arnoia.

O fútbol centrará un ano máis actividades principais, aínda que tamén terán lugar outras actividades complementarias como hípica, pádel, piragüismo, voleibol, tiro con arco, béisbol, ping-pong, natación ou baloncesto. Ademais, os participantes gozarán de charlas, obradoiros, excursións, sendeirismo ou xogos.

As inscricións xa están abertas e poderán anotarse nenos de entre 6 e 15 anos e nenas de entre 6 e 13 anos.

⚙ Configurar cookies
0.14621090888977