Allariz acolleu esta semana unha nova edición do Campus Mixto de Fútbol

OurenseXa
Decenas de nenos e nenas gozaron do deporte da man de Ociosaugal
campus-mixto-futbol-allariz
9 Aug 2025

Allariz acolleu esta semana unha nova edición do Campus Mixto de Fútbol, unha iniciativa de deporte e lecer organizada por Ociosaugal que se desenvolveu do 4 ao 8 de agosto nas instalación do campo do Seixo.

A alcaldesa, Cristina Cid, e a concelleira de Educación achegáronse durante a semana ao campamento para compartir cos nenos e nenas participantes a súa experiencia.

O deporte, o xogo en equipo e a aprendizaxe colectiva foron os eixos desta experiencia educativa que mesturou fútbol, convivencia e valores.

⚙ Configurar cookies
0.18079209327698