Allariz amplía a súa rede de compostaxe comunitaria cunha nova illa en O Seixo

Allariz continúa aumentando a súa rede de compostaxe comunitaria cunha nova illa de compostaxe na zona de O Seixo. Esta instalación forma parte da ampliación da campaña municipal de compostaxe, que busca facilitar que cada vez máis fogares poidan separar correctamente os seus restos orgánicos e devolvelos á terra en forma de vida nova.
O pasado venres pola mañá, o persoal do Concello estivo na zona repartindo cubos entre os veciños e veciñas interesados en comezar a compostar nesta nova illa. Compostar, explican desde o Concello, é unha práctica sinxela, útil e beneficiosa para toda a comunidade, polo que animan a quen viven en O Seixo a sumarse e formar parte desta rede sostible.