Allariz dá a coñecer os premios do Concurso de Escaparates de Nadal

OurenseXa
O primeiro premia de esta primeira edición foi para Farmacia Páez
concurso-escaparates-nadal-allariz-farmacia-paez
30 Dec 2025

O Concello de Allariz deu a coñecer o gañador da primeira edición do Concurso de Escaparates “Allariz, Escaparate do Nadal”. Na xornada do luns 29 de decembro, o xurado realizou a visita aos 25 establecementos participantes, que amosaron gran creatividade e implicación na decoración das súas vitrinas, contribuíndo a crear un ambiente festivo nas rúas do municipio.

O xurado estivo formado por representantes municipais, profesionais do deseño e veciñanza, para garantir unha valoración completa das propostas. Tras analizar aspectos como a creatividade, a orixinalidade, o uso de materiais sostibles, a harmonía, o espírito do Nadal e a capacidade de atraer ao público, concederon o premio principal a Farmacia Páez.

Ademais, foron entregadas varias mencións especiais a outros establecementos por diferentes aspectos destacados, entre eles a Florería de Margarida pola sostibilidade, A Mariñeta pola creatividade estética, ou Sneakers Nº2 pola orixinalidade, entre outros.

Desde o Concello subliñan que esta iniciativa busca valorar o esforzo do comercio local nestas datas e fomentar o espírito acolledor e creativo de Allariz durante o Nadal. Agradecen a participación de todos e felicitan aos gañadores e recoñecidos.

⚙ Configurar cookies
0.081068992614746