Allariz despide o ano con deporte, natureza e solidariedade

Allariz despide o ano este mércores cunha xornada que combinará deporte, natureza e solidariedade. A mañá arrancará ás 11:00 horas coa tradicional San Silvestre en Piragua, organizada polo Club Fluvial Allariz, que se desenvolverá no río Arnoia, na zona da Alameda, e estará dirixida exclusivamente a deportistas federados.
Xa pola tarde, a partir das 16:00 horas, celebrarase “A Derradeira 2025”, unha carreira solidaria que comezará coa proba infantil e seguirá ás 16:30 coa carreira para persoas adultas. A participación require entregar un quilo de alimentos ao recoller o dorsal, que será entregado o mesmo día do evento.