Allariz pon en marcha unha campaña de visibilización dos dereiros das persoas LGTBIQ+ en comercios e hostalaría

OurenseXa
O municipio reafirma o seu compromiso coa diversidade, a inclusión e os dereitos das persoas LGTBIQ+
orgullo-LGTBIQ-Allariz
27 Jun 2025

O Concello de Allariz súmase un ano máis á celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, que terá lugar o sábado 28 de xuño, cunha campaña promovida pola Área de Igualdade que busca implicar a toda a comunidade, especialmente ao comercio e á hostalaría local.

A iniciativa anima os establecementos do municipio a decorar as súas fachadas, terrazas e interiores con elementos que simbolicen o movemento LGTBIQ+, como bandeiras, carteis, globos ou calquera outro adorno colorido. O obxectivo é encher a vila de mensaxes de apoio á diversidade e contribuír á creación dun ambiente inclusivo, seguro e festivo.

A campaña de visibilización prolongarase ata o 6 de xullo, sendo o sábado 28 de xuño o día central da celebración. Dende o Concello destacan que esta proposta pretende reforzar o compromiso da vila coa igualdade, facendo visibles os dereitos fundamentais das persoas LGTBIQ+ e promovendo un espazo no que todas as persoas se sintan libres de ser quen son.

O Concello agradece de antemán a colaboración dos negocios locais e da veciñanza, e anima a toda a cidadanía a participar nesta celebración colectiva que procura construír unha Allariz máis aberta, xusta e respectuosa coa diversidade.

⚙ Configurar cookies
0.17593383789062