Allariz pon un marcha un sistema de reservas en liña para as pistas de pádel e tenis do Seixo

O Concello de Allariz facilita o acceso ao deporte ao aire libre coa mellora do sistema de reservas e acceso ás pistas de pádel e tenis situadas en O Seixo. Aproveitando o bo tempo, o servizo permite agora facer reservas en liña e acceder ás instalacións mediante un código, sen necesidade de chaves nin trámites adicionais.
As pistas estarán dispoñibles todos os días da semana, en horario de 10:00 a 22:00 horas. Os prezos son de 8 euros por hora e media para a pista de pádel e 6 euros por hora para a de tenis. O pagamento realízase por pista completa, co obxectivo de simplificar o proceso.
As reservas poden facerse directamente desde a web, e o sistema permite abrir a porta 15 minutos antes da hora reservada. Unha opción pensada para facer máis cómodo o acceso á práctica deportiva para a veciñanza e visitantes.