Allariz prepara o seu primeiro torneo de fútbol base

OurenseXa
Será o 24 de maio e o prazo de inscrición xa está aberto para os clubs interesados
presentacion-torneo-futbol-base-allariz
25 Feb 2026

O Concello de Allariz e o C.D. Allariz presentaron este martes o 1º Torneo de Fútbol Base, unha cita deportiva que se celebrará o vindeiro 24 de maio no campo municipal Cid Carriega, no Seixo, e que nace coa intención de reunir equipos de toda a provincia nas categorías Benxamín e Alevín.

O concelleiro de Deportes, Carlos Puga, destacou durante a presentación que, con esta iniciativa, o Concello busca “que as escolas deportivas municipais, que xestiona o C.D. Allariz, sexan un espazo onde a mocidade de Allariz non só aprenda fútbol, senón que medre con valores de equipo e respecto”. Pola súa banda, a presidenta do club, María Luisa, salientou que “para o club, o máis importante é crear no Seixo un espazo de encontro para a infancia. Este torneo vai moito máis alá do marcador; queremos que sexa unha escola de valores onde a amizade e o esforzo compartido sexan as verdadeiras vitorias da xornada.

O torneo desenvolverase nunha única xornada, empregando catro campos de xogo simultáneos, dous de herba natural e dous de artificial, co fin de garantir un desenvolvemento áxil da competición. A organización prevé diferentes servizos para os participantes, como bebida e froita gratuítas durante o día, zonas de sombra con carpas e a presenza de Protección Civil. Ademais do Bar do Seixo, habilitarase un punto auxiliar de bebidas xunto ao campo de herba natural.

A programación completarase cun xantar de irmandade no Camping de Allariz, con menús adaptados para xogadores e familias. Ao remate da xornada, todos os equipos recibirán un agasallo conmemorativo, ademais dos trofeos por clasificación e distincións individuais por categoría.

O prazo de inscrición xa está aberto para os clubs interesados, ata cubrir o máximo de 12 equipos por categoría, cun prazo límite fixado para o 1 de maio. Cada equipo poderá inscribir un máximo de 15 xogadores ou xogadoras para favorecer a participación activa. Os clubs interesados poden solicitar máis información no teléfono 637 342 713. Desde o Concello e o C.D.

0.12985301017761