Allariz renova o alumeado do Polígono de Chorente

OurenseXa
O Concello substituíu as luminarias tradicionais por tecnoloxía LED para reducir o consumo enerxético
renovacion-alumeado-allariz
22 Jan 2026

O Concello de Allariz continúa a avanzar na súa estratexia de aforro e eficiencia enerxética coa mellora da iluminación pública na primeira fase do Polígono de Chorente. Os traballos consisten na substitución das luminarias tradicionais por tecnoloxía LED, o que permitirá reducir o consumo enerxético, aumentar a eficiencia do alumeado e optimizar os custos de mantemento.

Con esta actuación, o polígono industrial completa a renovación progresiva da súa iluminación, xa que o resto das instalacións contan desde hai tempo con luminarias LED. Esta intervención forma parte dos diversos proxectos impulsados nos últimos anos polo Concello de Allariz para promover un modelo máis sostible, eficiente e respectuoso co medio ambiente.

⚙ Configurar cookies
0.093775033950806