Alumnado do Campus de Ourense participa nun proxecto para fomentar a inclusión no sector pesqueiro

OurenseXa
A iniciativa ten como obxectivo fomentar a promoción dunha cultura accesible e inclusiva, na que se involucren activamente os e as futuras profesionais do sector turístico
Participantes do proxecto ACD_Mar
Participantes do proxecto ACD_Mar
7 Nov 2024

Alumnos e alumnas da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense participan no proxecto ACD_Mar, Laboratorio para o fomento da accesibilidade e inclusión de persoas con discapacidade na promoción do patrimonio cultural marítimo pesqueiro.

Esta iniciativa, explican desde a universidade, foi posta en marcha por Fundamar, a Asociación Amicos e a Universidade da Coruña co obxectivo de fomentar a promoción dunha cultura accesible e inclusiva, na que se involucren activamente os e as futuras profesionais do sector turístico.

O alumnado ourensán abordou os retos e oportunidades aos que debe facer fronte a promoción do patrimonio cultural pesquerio en materia de inclusión e accesibilidade.

Esta primeira fase de ACD_Mar está dirixida a pór en contacto aos actores que participarán no proxecto para desembocar en encontros entre estudantes e profesionais con persoas con discapacidade nos que se identifiquen os retos e solucións en materia de accesibilidade e inclusión na temática elixida.

0.2041380405426