Álvaro Vila, terceiro candidato á Secretaría Xeral do PSdeG de Ourense

OurenseXa
O alcalde de Taboadela e voceiro socialista na Deputación formalizou esta mañá a súa precandidatura
Alvaro-vila
Álvaro Vila Araújo
2 Apr 2025

Álvaro Vila, Patricia Domínguez e Rafael Rodríguez Villarino competirán pola Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE de Ourense. O alcalde de Taboadela e actual voceiro socialista na Deputación foi o último en confirmar a súa precandidatura, este mesmo mércores, despois de que na tarde do martes o fixese a alcaldesa da Pobra de Trives.

Pertenecente á chamada “terceira vía”, Vila busca o consenso dentro do socialismo provincial. Domínguez, pola súa banda, conta co aval da executiva galega liderada por José Ramón Gómez Besteiro e aposta tamén pola integración e o entendemento entre os socialistas. Villarino, pola súa parte, aseguraba tras anunciar a súa candidatura que o seu principal obxectivo non é outro que lograr “unha provincia máis democrática”.

O prazo para presentar candidaturas está aberto ata mañá, polo que non se descarta totalmente que poida xurdir algún candidato de última hora ou que un dos tres presentados cause baixa.

0.12929701805115