Amoeiro terá o seu primeiro Torneo Xou Semana Santa de Fútbol Sala Base

OurenseXa
Será do 3 ao 5 de abril e reunirá equipos das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete
presentacion-torneo-futbol-amoeiro
29 Mar 2026

O Concello de Amoeiro acollerá do 3 ao 5 de abril o I Torneo Xou Semana Santa de Fútbol Sala Base, unha competición que reunirá equipos das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete.

O torneo foi presentado por Brian Diz González, concelleiro de Deportes do Concello de Amoeiro, Antonio Rodríguez, presidente do Club Xuventude Ourense F.S., e Quique Álvarez, asesor deportivo da Deputación de Ourense. As partidas celebraranse nas instalacións do Polideportivo Municipal de Amoeiro.

A iniciativa conta coa colaboración e patrocinio do Concello de Amoeiro, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia a través de Deporte Galego, e a Real Federación Galega de Fútbol, e busca fomentar o deporte base e a participación da xuventude da contorna nun evento deportivo de carácter local e autonómico.

0.1334400177002