Amoeiro recoñecerá o talento da veciñanza local coa primeira edición dos ‘Premios Amoeiro’

Amoeiro vén de presentar primeira edición dos ‘Premios Amoeiro’, unha iniciativa organizada polas empresas Amoeiro Rincón, Avícola Amoeiro e Tanatorio Orensano, coa colaboración do Concello.
Estes premios teñen como obxectivo recoñecer a persoas destacadas en áreas como arte, cultura, deportes e educación, así como a representantes do ámbito educativo, alumnado sobresaliente e cidadáns que teñan realizado un impacto positivo na comunidade.
A gala de entrega dos premios celebrarase o 13 de setembro de 2025, momento no que se darán a coñecer os gañadores e se fará público o recoñecemento ao talento e á implicación na vida local.
O Concello e as empresas organizadoras destacaron a importancia desta iniciativa para valorar o traballo da veciñanza e fomentar a participación e o compromiso coa comunidade.