Amoeiro remata os traballos de humanización da Praza da Concordia, en Parada

OurenseXa
A actuación contou cun investimento total de 104.000 euros financiados entre a Deputación e o Concello
humanizacion-praza-parada-de-amoeiro
22 Mar 2026

O Concello de Amoeiro vén de finalizar esta semana os traballos de humanización da Praza da Concordia, situada na parroquia de Parada.

A actuación contou cun investimento total de 104.000 euros. Do conxunto desta contía, a Deputación de Ourense financiou a maior parte, cunha achega de 95.000 euros, mentres que o resto foi asumido polo propio Concello de Amoeiro.

Con esta intervención, o goberno local continúa coa súa aposta pola mellora dos espazos públicos e a posta en valor das áreas de convivencia veciñal nas distintas parroquias do municipio.

0.12546110153198