Aprazada a finalización das obras na Praza das Mercedes

OurenseXa
A nova data prevista para a finalización dos traballos será o 23 de decembro de 2024
Obras nas Mercedes, imaxe de Gonzalo Pérez Jácome
Obras na Praza das Mercedes
6 Nov 2024

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este martes en sesión extraordinaria e urxente autorizar a ampliación, nun mes e medio, do prazo de execución das obras de humanización e mobilidade vertical na contorna da Praza das Merecdes e a rúa Arturo Pérez Serantes.

A nova data de remate das obras será o 23 de decembro de 2024. Tamén se autoriza a continuación provisional das obras, tendo en conta a modificación do proxecto aprobada.

0.15976595878601