Aprobada a modificación do Plan de Mobilidade Urbana do Concello de Ourense

OurenseXa
Na sesión, a xunta local aprobou tamén o proxecto de ordenanza municipal reguladora das zonas de baixas emisións do municipio de Ourense, no que se integra o proxecto da Zona de Baixas Emisións Ourense Centro
rua-do-progreso-ourense
19 May 2025

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este mediodía en sesión extraordinaria a modificación do Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Ourense. Esta consiste na adición ao dito plan dun novo apartado V, denominado Proposta relativa ás zonas de baixas emisións.

Este acordo someterase a información pública por un prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao que se publique no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. Durante este período, calquera persoa interesada poderá consultar o expediente e formular as alegacións que estime oportunas.

Na sesión, a xunta local aprobou tamén o proxecto de ordenanza municipal reguladora das zonas de baixas emisións do municipio de Ourense, no que se integra o proxecto da Zona de Baixas Emisións Ourense Centro. O proxecto seralles remitido aos grupos políticos municipais, que poderán formular emendas no prazo máximo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao que reciban a comunicación deste acordo.

Na mesma sesión, a xunta local tamén aprobou unha relación de facturas correspondentes a gastos realizados no exercicio 2024 ou anteriores, que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no devandito exercicio.

⚙ Configurar cookies
0.34914302825928