Aprobada a ordenanza da Zona de Baixas Emisións de Ourense

OurenseXa
A nova ordenanza saíu adiante grazas á abstención do PP e do PSOE, mentres que o BNG votou en contra
Concello-Ourense-recurso
4 Jul 2025

O Pleno do Concello de Ourense aprobou esta mañá, cos votos favorables de DO e a abstención do PP e do PSOE, a Zona de Baixas Emisións de Ourense, que entrará en vigor o 26 de decembro afectará a un perímetro de 3,6 quilómetros do centro da cidade.

Así,  abranguerá toda a zona peonil de Ourense máis a zona interior delimitada polas rúas Progreso, Coruña, Pena Trevinca, Emilia Pardo Bazán e Avenida da Habana. Estas rúas quedarían excluídas, afectando á área situada no seu interior.

Prohibirase a circulación de vehículos sen etiqueta ambiental, vehículos de gasolina matriculados antes de xaneiro de 2001 e diésel anteriores a xaneiro de 2006, aínda que estarán exentos da prohibición no caso de acceso a garaxes ou aparcadoiros, se son residentes ou por outras causas (acceso a colexios, vehículos de persoas con mobilidade reducida, vehículos que presten servizo a persoas maiores ou dependentes, entre outros), explicou o alcalde.

⚙ Configurar cookies
0.19116902351379