Aprobadas as bases das axudas para libros de texto e comedores escolares para o curso 2024/2025

OurenseXa
As axudas están dirixidas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes e empadroadas no Concello
Concello_Ourense_recurso
Concello de Ourense
26 Mar 2024

A Xunta de Goberno do Concello de Ourense ven de aprobar a convocatoria para a concesión de axudas para libros de texto, material escolar e comedor escolar correspondentes ao curso 2024-2025.

As axudas están dirixidas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes e empadroadas no Concello, que non superen os 4.000 euros de renda per cápita anual para as axudas de libros e material e os 3.700 euros para as de comedores.

Computarase un membro máis se algún deles presenta unha discapacidade igual ou superior ao 33%, ou no caso de ser familia monoparental. A convocatoria destina 25.000 euros para axudas de libros de texto e material escolar e 269.250 euros  para axudas para comedores escolares.

0.16598081588745