Aprobadas as bases para seleccionar proxectos da Escola Municipal Continua
OurenseXa
O obxectivo é dinamizar a oferta formativa e cultural do municipio de Ourense

29 Jan 2026
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá na Xunta de Goberno as bases que establecerán os criterios para a selección de proxectos destinados á Escola Municipal Continua.
Esta iniciativa ten como obxectivo dinamizar a oferta formativa e cultural do municipio, creando un espazo de aprendizaxe permanente que se adapte ás necesidades e demandas actuais da cidadanía ourensá.