Aprobado o expediente para contratar o servizo de recollida de residuos e limpeza viaria en Ourense

OurenseXa
O orzamento de licitación anual ascende a un total de 16.220.474 euros
Concello-Ourense-recurso
17 Jun 2025

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este mediodía, en sesión extraordinaria e urxente, o expediente para a contratación do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria, así como as cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o contrato.

O orzamento de licitación anual ascende a 14.745.885 euros (importe base), máis 1.474.588 euros en concepto de IVE, o que supón un total de 16.220.474 euros ao ano.

O acordo inclúe a apertura do procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, e tramitarase como gasto anticipado, condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos municipais correspondentes ás anualidades de 2026 a 2035. O órgano de contratación resérvase a facultade de reaxustar as anualidades cando así o aconsellen as necesidades de execución orzamentaria.

Ademais, acordouse comunicar, con carácter informativo, á Xunta Consultiva de Contratación de Galicia a estrutura de custos incluída no prego, conforme ao establecido no artigo 9, parágrafo 7º, do Real Decreto 55/2017, sobre a desindexación da economía española.

⚙ Configurar cookies
0.16798806190491