Aprobado o expediente para licitar as obras de mellora e acondicionamento da praza da Lexión

OurenseXa
O proxecto contempla a creación dun itinerario peonil, a renovación dos xogos infantís e a mellora das luminarias
Concello_Ourense_recurso_2
4 Dec 2025

O Concello de Ourense aprobou este xoves o expediente para licitar as obras de mellora e acondicionamento da praza da Lexión, cun orzamento de 917.488,90 euros. O obxectivo dos traballos é poñer en valor este espazo de lecer situado no barrio da Carballeira.

O proxecto contempla a creación dun itinerario peonil perimetral accesible que conectará as dúas zonas da praza, eliminando todos os chanzos existentes e utilizando un pavimento terrizo continuo de aspecto natural. Tamén se renovará o valado das áreas de xogos infantís, deixando libre a zona de xogos biosaudables e o paseo perimetral para facilitar a integración do parque co exterior.

Ademais, instalaranse novos xogos infantís, incluíndo opcións inclusivas, nun espazo vallado con pavimento de caucho para evitar lesións por caídas. Haberá unha área específica para xogos destinados ás persoas maiores, e acondicionarase unha pista regulamentaria de petanca, unha demanda expresada pola veciñanza. Finalmente, a iluminación da praza renovarase con novos farois LED de maior eficiencia enerxética.

⚙ Configurar cookies
0.092355966567993