Aprobado o proxecto para construción da nova Oficina de Rehabilitación de Ourense

OurenseXa
O proxecto contempla a rehabilitación dun edificio na Praza da Trindadea, cun orzamento de 962.497,21 euros, que será acondicionado como nova sede da Oficina de Rehabilitación
praza-da-trinidade
Praz da Trinidade, imaxe de Google Maps
11 Out 2024

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión ordinaria desta semana o expediente para contratar as obras do proxecto de rehabilitación dun edificio na Praza da Trindade, que será acondicionado como nova sede da Oficina de Rehabilitación.

O proxecto, cun orzamento de 962.497,21 euros, está financiado parcialmente pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Recuperación 15 Next Generation EU, ao abeiro do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP).

Na mesma reunión, a Xunta de Goberno aprobou a convocatoria pública para seleccionar os proxectos que se incluirán na programación de actividades para nenas e nenos dos centros cívicos.

0.1986129283905