Aprobado por vía de emerxencia o procedemento para realizar as obras na Avenida de Portugal

OurenseXa
Os traballos levan un mes parados tras o abandono unilateral por parte da empresa adxudicataria
obras-avenida-de-portugal
9 Apr 2026

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este mediodía acordar a tramitación pola vía de emerxencia da realización das obras necesarias para garantir a seguridade e salubridade das persoas na Avenida de Portugal, tras o abandono unilateral por parte da empresa adxudicataria da execución dos proxectos de humanización.

As obras, tal e como anunciou onte o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, poderían retomarse a vindeira semana, logo dun mes paralizadas.

0.12977719306946