Aprobados os programas de cooperación BenOurense para reforzar a atención social aos concellos

OurenseXa
A Deputación de Ourense destinará un orzamento de máis de 1.600 millóns de euros para a atención social nos concellos ourensáns
Pleno_deputacion_Ourense_marzo2
Pleno da Deputación de Ourense
24 Mar 2024

O Pleno da Deputación de Ourense ven de apobar as bases dos tres programas de cooperación de 2024 para os servizos de Axuda no Fogar Básico (SAF), Puntos de Atención á Infancia (PAI) e servizos complementarios, que cun orzamento total de 1.630 millóns euros permitirán reforzar a atención social nos concellos ourensáns.

Como novidade, este ano a Deputación incrementou ao redor dun 15% os fondos que destina ao programa de cooperación para o servizo de axuda no fogar básico, concretamente no que atinxe ao apartado de dixitalización co obxectivo de que a meirande parte dos concellos conten con ferramentas tecnolóxicas que melloren a prestación deste servizo. Ademais, incorpóranse novos criterios para asignar con maior eficacia os fondos provinciais.

As bases do programa “BenOurense SAF Básico” regulan a concesión de axudas ás entidades locais da provincia de menos de 20.000 habitantes que presten o servizo de atención no fogar básico. Están incluídas tamén as mancomunidades intermunicipais que xestionen servizos sociais dun conxunto de municipios con menos de 20.000 habitantes. Para tal fin, a institución provincial destina un orzamento total que ascende a 1.400.000 euros.

As axudas deste programa están canalizadas a través de dúas accións: a primeira delas está destinada á dixitalización do SAF prestando asistencia económica para facilitar ás entidades locais a xestión dixitalizada deste servizo cunha ferramenta informática contratada polo propio concello; e a segunda está dirixida ao cofinanciamento da prestación do servizo de axuda no fogar básico.

0.13585305213928