Arranca o Entroido de 2025 en Ourense

OurenseXa
O Entroido de Ourense arranca oficialmente este xoves coa Loita de Mecos e actuacións musicais nas prazas e rúas do centro da cidade
entroido-ourense
27 Feb 2025

Este xoves, 27 de febreiro, arranca oficialmente o Entroido de 2025 na cidade de Ourense, unha das festas máis esperadas de todo o ano. Como xa é tradición, os nenos e nenas serán os encargados de dar o comezo ás festas coa tradicional Loita de Mecos, a pesar de que nun primeiro momento o executivo de Gonzalo Pérez Jácome decidiu borrar do mapa a actividade, que foi confirmada a pasada semana logo das queixas dos centros educativos e os grupos da oposición.

Para este mesmo xoves están previstas tamén outras actividades, como pasarrúas e a actuación de varios DJ, que amenizarán a tarde e a noite nas prazas e rúas do centro da cidade

Programa para este xoves, 27 de febreiro

  • 20:30 horas: Trópico de grelos e Felga nas rúas da cidade
  • 22:00 horas: Tatoo nas rúas da cidade
  • 23:30 horas: DJ Pancho na Praza de Santa Eufemia
  • 23:59 horas: DJ Alex Martini na Rúa do Progreso
  • 00:00 horas: Latexo Percusión y Tatoo nas rúas da cidade
⚙ Configurar cookies
0.077983856201172