Arrancan as Festas de Ourense 2024

OurenseXa
As Festas de Ourense arrancan este mércores coa apertura do mercado medieval e o pregón a cargo do cómico Xosé Antonio Touriñán
Festas de Ourense 2024
19 Jun 2024

O pregón a cargo do cómico e actor Xosé Antonio Touriñán abrirá este mércores, 19 de xuño, 5 xornadas de actividades para todos os públicos nas que se dá continuidade a moitas das propostas que tiveron unha excelente resposta de público en anos anteriores e incorpóranse novidades como a Festa das Cores, no Parque do Barbaña, ou a Xincana Xigante para a rapazada, no Xardín do Posío.

Mercado medieval, barracas, festa de fin de curso, actuacións dunha escolma das mellores orquestras da actualidade, concertos como o de Celtas Cortos, entre outros, son algunhas das propostas festivas, que rematarán o domingo, 23 de xuño, coa tradicional tirada de fogos artificiais na marxe do río Miño.

O goberno municipal aposta de novo por un formato de programación ”concentrado” en 5 días, co que agarda repetir os altos niveis de participación por parte do público ourensán e o excelente ambiente que durante os últimos anos se vén rexistrando nas rúas da cidade durante as festas.

Programa para este mérrcores, 19 de xuño

  • Arrinca o Mercado Medieval, no Centro Histórico, con diferentes representacións ao longo de cada xornada. Desde o mércores até o domingo
  • Abren ao público as barracas para a rapazada, que permanecerán até o domingo no Parque do Barbaña.
  • 21.00 horas. Pregón de Touriñán, na rúa do Progreso (Alameda)
  • 21.30 a 00.30 horas. Orquestra La Fórmula, na rúa do Progreso (Alameda)

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19863390922546